Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu in articulo mortis, decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados os anos, transformado en xuíz, é destinado á Audiencia de Ourense, onde se atopa coa historia de M. B. R. e decide estudar o proceso e determinar a razón pola que o reo manifestaba converterse en lobo para cometer as mortes. Nese tempo mestúranse distintas vicisitudes, amoríos de vello con rapaza nova, pobre, viaxes e a aparición dunha vella curandeira que sabe moito de Romasanta.
O final de novela é unha entelequia de difícil solución que vén pecharse cun novo drama.