Un mago, na procura de illamento e tranquilidade,
encárgalle a un soprador de vidro un can de cristal
que manteña afastados os veciños. A cambio
da peza, el ofrécelle un elixir que sanda calquera
doenza.
Versión dun clásico do autor do Mago de Oz na que
aparece un interesante retrato dunha sociedade
chea de prexuízos e convencionalismos. Un
relato con alicerces na propia vida, que provoca
preguntas e trata de evidenciar, dun modo sutil, a
inutilidade do culto á riqueza.