FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
Nesta breve homenaxe a Francisco Fernández del Riego, recóllese unha miúda selección, de entre a súa oceánica produción escrita, dalgúns fragmentos onde Compostela é a protagonista, directa ou como marco de acción, agrupados en catro apartados xenéricos: A descuberta da cidade, A Compostela apostólica, O Santiago letrado e Semblanzas en Compostela.
Santiago, Compostela, póla florida, inicio e remate de camiños que formaron e conformaron a personalidade dun home que loitou pola idea que tiña dunha terra e unha cultura como centro, a galega, e que se resume nunha frase súa: Toda a miña vida lla dediquei a Galicia.