Dona Rotonda e Don Peón sofren o mal fume do tráfico da cidade. Pero, ese día, un feixe de sandías escapan dun camión e toda a cidade aproveita para montar unha festa e unha manifestación. Este álbum, a través do humor e a rima, enxalza o ecoloxismo e a necesidade de acadar, entre todos, unhas cidades máis limpas e humanas. Escrito en letra maiúscula, facilita a aprendizaxe das letras para os primeiros lectores.